
Ocupámonos de convocar e coordinar as reunións que necesita a túa comunidade, emitimos informes e ofrecemos servizos de consulta en horas fóra de oficina. O noso obxectivo é conseguir o mellor entendemento entre os veciños, solucionando e poñendo orde con derramas, obras e outros gastos.
Aforra e descansa contando coa mellor xestión
Estamos especializados na Administración de Comunidades aplicando as leis de Propiedade Horizontal. Proporcionamos un acceso fácil e rápido a toda a información relativa á administración da súa comunidade, tanto a través da atención personalizada nas nosas oficinas como por internet ou teléfono.
En Asesoría Regueiro ocupámonos dos seguintes asuntos:
Visitas periódicas ó edificio
Informes para cada propietario
Xestión dos asuntos da comunidade
Convocatoria de Xuntas e redacción de Actas
Preparar e someter á Xunta o plan de gastos previsibles
Executar acordos en materia de obras e efectuar os pagos e cobranzas procedentes
Custodia de documentos
Servizos de urxencia fóra de horario de oficina