
A adecuada xestión do persoal da empresa, do capital humano do teu negocio, é un factor relevante e clave para o teu éxito empresarial. En Asesoría Regueiro ocupámonos de todos os temas laborais da túa empresa, realizando todos os trámites necesarios no campo da asesoría laboral. Externalizando o teu departamento de RRHH aforrarás e serás máis eficiente.
Queres montar unha empresa? Asesorámoste
En Asesoría Regueiro axudamos ós emprendedores e ós futuros empresarios. Antes de iniciar unha actividade laboral, ponte en contacto connosco. Informarémosche de posibles axudas dispoñibles e de como preparar a estrutura do teu negocio, facendo que sexa unha que poidas manter e sexa rendible.
En Asesoría Regueiro somos especialistas nos seguintes casos:
Inscrición da Empresa na Seguridade Social
Afiliación de Traballadores Autónomos
Confección de Nóminas Seguros Sociais (Recibo de liquidación e TC2)
Documentos de Cotización á Tesourería Xeral
Altas, baixas e variacións de traballadores a través do SISTEMA REDE
Contratos dos Traballadores e Renovacións
Libro de Visitas (en papel ou electrónico)
Trámites sobre partes de Baixa Médica por Enfermidade ou Accidente de Traballo
Trámites a través do Sistema Delta
Liquidacións
Expedientes de Regulación de Emprego ERE
Asistencia e representación ante o SMAC e Xulgados do Social
Asistencia e representación en Inspeccións de Traballo Asesoría Laboral Xurídica
Certificados de estar ó corrente de pago
Custos de traballadores
Asesoramento en Plans de Prevención de Riscos Laborais